“YO CONFIESO”
A xeito de memoria autorizada, "Yo confieso" relata os 45 anos de Mikel Lejarza “O Lobo”, considerado o espía máis importante dos servizos secretos da historia de España. Empezou a mediados dos 70 cunha infiltración de anos en ETA, que o levou a convertirse en xefe de infraestrutura da organización armada, e cuia labor de información fixo posible que os corpos policiais levaran a cabo unhas 200 detencións da banda terrorista. Logo seguíronlle traballos ligados a Terra Lluire, o grupo Godó e La Vanguardia, Mario Conde, Koplowitz, Partido Popular, ministros socialistas, terrorismo internacional, grupos de narcotráfico…
Aínda que moito se ten escrito sobre este personaxe,
ninguén o fixo cun estilo tan directo e cercano a Lejarza como Fernando Rueda,
xornalista que está considerado como un dos grandes especialistas españoles no eido
da espionaxe. Da súa man, e a través dun relato tan estremecedor como real,
báixanos ás cloacas fétidas dos mandos policiais, grupos económicos, CESID e persoaxes
políticos, onde todo se move ao redor de intereses monetarios e trepas no
escalafón da caverna, evidenciando que a relación humana non cabe nesa selva.Ler “Yo confieso” descóbreche con crueza que nesta España
todo está moito máis pestilente do que imaxinas, tanto en Madrid, como aquí
preto. A través de 405 páxinas Lejarza desvela sen pudor como mandos políticos
e económicos, con complexas correas de transmisión, sacan partido dun diñeiro
turbio que circula por arterias corruptas entre silencios, complicidades, medos
e mentiras travestidas de verdades que o rebaño acepta.
Nos "baixos fondos" non é doado atoparse con
personaxes como Mikel Lejarza que puido ter na man, co tempo, unha vida
relativamente cómoda, se cedese ante o diñeiro sen pudor, tan fácil como
inmerecido. Por non telo feito a vida elexida (tanto a del e a da súa familia)
non resultou doada. Despois de ler este este libro, quizáis, cando un mire ao
seu redor empece a cuestionarse se as cloacas pasan máis preto do que pensaba.
Daquela tocará preguntarse se é mellor mergullarse nelas ou quedarse á
intemperie, sentíndose libre como un lobo.
ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
E a continuación, nestos tempos tan de todos, deixamos entrar por este Ventanuco unha emotiva postal musical de Nadal que ofrece a Banda Xuvenil da Escola de Música de Meaño, e coa que felicita estas festas a todos os avós e avoas meañesas... e do mundo.
Ler “Yo confieso” descóbreche con crueza que nesta España

No hay comentarios:
Publicar un comentario