martes, 19 de enero de 2021

  *** Opinión

ORGULLO VERDINEGRO 

Debería ser unha honra que un equipo humilde como o Asmubal leve con coraxe a bandeira de Meaño -e a do deporte feminino- dentro e fóra de Galicia. Seguindo polas redes os partidos que xogan fóra, representando a Meaño en Lanzarote e mesmo en cidades-capitais como Palencia, León, Valladolid, Gijón, Oviedo, Santa Cruz de Tenerife… non podemos outra cousa, -para os que amamos Meaño-, que sentirnos orgullosos. Ver en directo como o pasado 9 de xaneiro  faxábanse as xogadoras en Oviedo-capital, e cómo o 16 voltaban a facelo -e para gañar- en Siero, virounos a pel verdinegra por un intre. Xogadoras meañesas e outras que completan este equipo desde Pontevedra, Vigo, Porriño, Santiago… e que percorren decenas, e ata centenares de quilómetros entre ida e volta, para entrenar tres días por semana no pavillón de Coirón. E a iso engadimos un masculino que, estreando a máxima categoría de balonmán galego, ven de confirmarse como a revelación, proclamándose campeón de grupo, invicto en 10 xornadas, e ao que lle toca xoagar agora pola fase de ascenso a Primeira Nacional.


Celebración de triunfo en Siero tralo pitido final

Non podemos menos que sentirnos orgullosos -e profundamente agradecidos- polo traballo altruista dunha directiva encomiable, entregada a poñernos no mapa. Que a presidenta Silvia Lobato, amén de adicar tempo por doquier, súbase cada dúas semanas a unha furgoneta, e atrévase con 600, 800 quilómetros -ida de volta- para arroupar as suas xogadoras, ao mesmo que doblar a labor exercendo como delegada de equipo desde o banco, resulta, cando menos, admirable (...e impagable).
Orgullosos ademáis por un equipo técnico, que empezou liderando Luis Montes -con mención tamén ao pai, Manuel- e agora con Juan Costas, máis un Víctor Garrido incombustible, comodín para calquera labor dentro e fóra do banco. A conxunción de excelentes técnicos -e mellores persoas-, completan o círculo.


A meañesa Lara Castro lanzando a portería

O Asmubal é o resultado da suma de Jaime, Nieves, Guillermo, Santi, Tomás, Pedro, Jose… e tantos que, derrochando ilusión desde 1988 contribuiron a formar a xeracións de balonmanistas. Quen barrunta nisto outras cousas, vinculadas ao mundillo político, ve pantasmas (desde fai 32 anos?). Isto é mestura de emoción, ilusión e imaxinación para saír adiante, pese ao vacío ao que algúns o relegan (mágoa!). Porque isto é deporte, isto só é BA - LON - MA - NO. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario