hemeroteca
Estreamos o ano 2021 rescatando para este particular Ventanuco a reportaxe publicada en Faro de Vigo o 5 de novembro de 1996, tratando de poñer en valor o patrimonio que nos rodea. E o foco desprázase a Noalla, onde nos faciamos eco da decisión de vender o Pazo de Quintáns, por entonces en mans privadas, unha oportunidade para as administracións de recuperar o patrimonio como ben público.
O PAZO DE QUINTÁNS
Unha das pezas máis importantes
da arquitectura civil da comarca de Arousa, o coñecido como Pazo de Quintáns,
na parroquia de Noalla, permañece á venda desde fai días. Trátase dun tesouro
de dúas prantas, con gran valor, rodeado dunha hectárea de terreos con hortas e
xardíns, e pechada todo el por unha muralla de máis de dous metros de altura.
Aínda que precisa de reformas,
resulta unha auténtica xoia aos ollos de calquera vistiante, que pode recrear a vista, descansar
a mente, buscar a inspiración perdida ou, sinxelamente, esquecerse en calquera
das estancias do pazo ou nos xardíns do contorna. Que non sentir ao pisar
aquela galería norteña, de 17 metros de longo por 3 de ancho, por onde entra a
luz a raudais ao traverso dos preto de
300 cristais que a recubren? Impresionante. Para ver.
O pazo en si resposta ao
modelo señorial do século XVII. A súa historia é descoñecida todavía para
moitos. Por entonces, pazo e finca eran propiedade da familia Mugártegui -Valcárcel
e Paadín (con dúas "a") na heráldica- que posuían a maiores as terras de labranza en Noalla e
arredores, e polas que cobraban foros de arrendo aos labregos que as
traballaban.
|
Galería do Pazo de Quintáns, imaxe captada en 1996 |
Na última etapa, xa no
século XX, a familia non residiu de xeito continuado neste pazo de Quintáns, e
tan só se presentaba de cando en vez para cobrar os tributos adeudados polos labregos.
Pero un levantamento campesiño local obrigou pola forza a que as dúas últimas
Mugártegui que rexentaran o pazo, reconsideran a situación. Daquela deixaron de
cobrar os impopulares foros e decidiron vender pazo e leira a inicios dos anos
30, cando os albores da II República. Foi en 1934 cando un descendente da
familia Ponce de León -conquistador de Florida e primeiro gobernador de Porto
Rico, finado en 1521-, don Pedro Castiñeiras Teijeiro, natural de Santa Marta
de Ortigueira, que acababa de ser nomeado notario de Pontevedra, mercoulle pazo e finca de Quintáns á familia Mugártegui, pola entonces acaudalada cifra
de 24.000 pesetas (144,24 euros de hoxe).
A partires de aquí o pazo
foi herdado polos sucesores da linaxe dos Castiñeiras. Actualmente son cinco as
personas da familia que comparten a propiedade do pazo, todas elas residentes
en diversos lugares de España. A mediados dos anos 80 o pazo de Quintáns foi
catalogado no patrimonio artístico. No seu día incluso se ofertou á Xunta de
Galicia, para albergar este pazo unha Escola de Hostalería na comarca de de
Arousa, pero daquela foi rexeitado polo goberno autonómico. Agora é firme a decisión
de vender. A familia desexa que se quede no pobo de Noalla ou fora empregado
como un ben público. Pero o destiño, como a historia, resulta imprevisible.
|
Pazo de Quintáns (Noalla) |
En novembro de 1996 escribíase en OPINIÓN:
“Está a administración pública capacitada para
botar man do patrimonio artístico privado cando este, como no caso do Pazo de
Quintáns se pon en venda? (…) O seu valor seguramente é alto. Un pazo desas
características e unha finca desas dimensións sobre un outeiro que domina a
praia de A Lanzada, así o delata. Chégalle o momento ao concello de Sanxenxo (…)
Hai cousas polas que vale a pena endeudarse. Cando pasen os anos a ninguén lle
pesará. Pero esa é unha decisión política, e xa sabemos que, moitas veces, á
política segue un camiño oposto á xustiza”.
... E os anos pasaron. O Pazo de Quintans foi adquirido en 2006 polo
concello de Sanxenxo (con Telmo Martín como alcalde) por 1,2 millóns de euros. Coa
perspectiva do tempo: alguén lamenta que o concello de Sanxenxo, co investimento
feito, obrou mal mercando este ben? Tal e como diciamos, hai cousas que se valoran co tempo. E, no futuro, aínda máis. O do Pazo de Quintáns é un desos casos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario