ALEGACIÓNS
SILENCIADAS
A corporación meañesa ven de aprobar este pasado venres 26 de marzo de 2021 o Regulamento de Participación Cidadá, chamado a regular, entre outros aspectos, a participación das asociacións e colectivos meañeses no pleno, en relación a cuestións que lles afecte, amén de poder converterse na canle de comunicación entre a administración local e os colectivos. Sete asociacións presentaron alegacións/suxerencias ao documento: Penaguda, G.A.M., Árgoma Cultural, Mulleres Rurais Corazón do Salnés (Meaño), ANPA "A Toxa" do CEIP As Covas, coro San Xoan de Meaño e o clube Asmubal de balonmán.
Carreira de Camas, concebida e organizada pola da Asociación G.A.M. fins dos 90 |
O seu obxectivo, que era o de tentar mellorar o documento, foron rexeitadas en bloque no pleno polo grupo de goberno máis o PSOE. Unhas alegacións que non foron dadas a coñecer, nin se fixeron públicas na sesión, cercenando así que os propios cidadáns puideran coñecer en vivo os contidos desas alegacións. Ante o silencio, desde aquí abrimos este particular Ventanuco para contribuir á transparencia e que poidas ler as alegacións presentadas por un desos colectivos, a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (Grupo de Amigos de Meaño, 1989).
Omitindo a parte dos datos personais do presidente que encabezaba o escrito, reflectimos aquí, textualmente, o resto do documento, tal y como foi presentado con data 26 de novembro de 2020:
Históricas cucañas do G.A.M. nas festas de
Meaño inicios anos 90
Meaño inicios anos 90
1. Procedería
regular a tramitación das queixas e das suxerencias dos veciños respecto aos
servizos municipais.
2. Procedería a creación dun Consello Social, a xeito de
órgano consultivo no que estiveran representadas as distintas asociacións, a
fin de buscar solucións en común e consensuar posicionamentos ante os asuntos
que afecten ao Concello de Meaño (mesmo como aconteceu fai uns días coas
reivindicación relacionadas coa restitución de servizo de pediatría, e que se
acabou politizando ante a ausencia dese foro social, que sería o marco idóneo
para afrontar o posicionamento conxunto a adoptar). Un Consello Social (ou
equivalente) que, aínda que obrigatorio no concellos grandes, si é recomendable
para concello pequenos, tal e como recollen concellos equivalentes de preto
como é, por exemplo, Catoira. Un órgano consultivo non entorpece labor
executiva algunha como se esgrimía no pleno do 25 de setembro, senón que
clarifica, aconsella, consensúa, contribúe a evitar erros e fracturas sociais
no municipio, velando así polo interese xeral.
Asociación G.A.M. e a súa Cova do Trasno, febreiro de 2020 con Basilio Camiñae a experiencia vital deste meañés en ONGs |
3. Procedería
fixar un prazo para a entrega de copias e/ou documentos polo Concello ante as
peticións dos cidadáns.
4.-
Procedería facilitarse o coñecemento previo das convocatorias e ordes do día do
pleno e/ou comisións informativas ás asociacións, para que poidan intervir
naqueles asuntos que lles afecten.
5. O
artigo 23 da ordenanza aprobada en fase inicial, onde se recoñece a
posibilidade de que os representantes das asociacións poidan intervir no Pleno
da Corporación e nas Comisións Informativas, nos asuntos que lles atinguen, non
precisa o prazo en que un colectivo debe presentar con antelación a súa
petición de intervención, deixándoo a criterio arbitrario de alcaldía e/ou
presidencia, podendo vulnerar así un dereito que o regulamento recoñece de
facto. Un prazo que nunca debería ser inferior ao estipulado na alegación 4, en
relación á entrega das ordes do día do pleno. Polo cal procedería
precisar o prazo na ordenanza o prazo aquí demandado.
6.
Procedería precisar que na quenda de pregos de preguntas dos plenos poidese
intervir en calidade de representante dun colectivo municipal, por canto a
cuestión se resolve cunha xeralidade interpretable onde só se refire que
corresponde ao alcalde ordenar e pechar a quenda de pregos e preguntas, sen
máis consideracións.
7. Procedería
regularse de xeito explícito a intervención das asociacións nos Plenos e nas Comisións Informativas,
fixando os tempos mínimos e máximos de intervención, en relación aos asuntos
que lles afecten, sen deixalo ao libre albedrío da alcaldía e/ou presidente.
Licencia que comparte Gogue para esta
Semana Santa 😂 😂 😂 😂
Por todo o
exposto,
SOLICITA:
Que se
atendan as alegacións-suxerencias indicadas e se fagan as modificacións
oportunas no Regulamento Municipal de Participación Cidadá, aprobado
inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión de data 25 de setembro de 2020.
Con este alegacións poñemos en manifesto o noso interese por mellorar un
documento que, ata a data, foi elaborado sen contar con ningunha valoración
previa dos colectivos.
En Meaño, a 26 de
novembro de 2020.
Licencia que comparte Gogue para esta Semana Santa 😂 😂 😂 😂 |
Ningunha destas sete alegaciós, nen outras dos seis colectivos que presentaron, foron admitidas para mellorar o documento. Aquí deixamos fotos dalgunhas destas asociacións que presentaran alegacións:
Grupo de Música Tradicional da Asociación Cultural Penaguda de Dena |
Árgoma Cultural, presentación verán 2020 |
A caravana das cabazas, iniciativia do CEIP As Covas en colaboración con ANPA A Toxa |
Sénior feminino en División de Plata Nacional do clube Asmubal, partido en Gijón, 20 de marzo de 2021 |
Aquí deixamos o enlace do pleno para poder visionar o abordado no punto de aprobación do Regulamento de Participación Cidadá (visionar a partir no minuto 13 do vídeo):
E a continuación deixamos outro enlace para ver o triunfo do Asmubal feminino onte, 27 de marzo, en Palencia (capital)
No hay comentarios:
Publicar un comentario