miércoles, 24 de marzo de 2021

 

FUN POLO AIRE 

Entrada extra no medio da semana para poder visualizar os lectores a Meaño na TVG. Foi posible grazas a programa “FUN POLO AIRE” emitido en directo onte martes, 23 de marzo de 2021. Ao longo de toda a tarde, e dentro da sección A VILA OCULTA, Meaño acadou esa dose de protagonismo, a cuia documentación contribuimos en parte desde este Ventanuco. Devolvemos deste aquí o agradecemento e os parabéns recibidos, polo traballo feito desde aquí ao longo dos anos, e que nos trasladaba nesa mesma mañán a TVG.



Aquí deixámosche os enlaces directos para ver as catro capítulos da sección A VILA OCULTA, e tamén aquí intecaladas, as fotos de do Meaño emitidas no programa. Ah! E unha nova de Meaño na TVG que compartimos tamén desde aquí: este venres día 26 abre as súas portas (coas lóxicas restriccións) a Quinta de San Amaro. Con prudencia, iso si, animámoste a disfrutar da Quinta e outros establecementos hosteleiros de Meaño. Porque hai lugares e xentes que nunca decepcionan (e nesta entrega da TVG verás dous desos establecementos). Para velos, pincha enriba de cada un dos catro enlaces que figuran abaixo:
















E unha foto engadida, como agasallo para os nosos lectores, porque desde aquí pretendemos un chisco a facervos compaña... E para isto cantamos! 😃 😂 😂




No hay comentarios:

Publicar un comentario