sábado, 8 de mayo de 2021

 *** Opinión

MIRANDO AO ASFALTO

Gobernar, xestionar, presupuestar é cuestión de prioridades. No eido económico familiar, igual. O presuposto municipal de 2021, recén aprobado, supón un xiro de timón sen precedentes en 30 de anos de política municipal. Un xiro necesario, si, pero con rumbo equivocado: 1,5 millóns de euros destiñados ao asfalto dos camiños, nunha rede viaria meañesa que, en esencia, mantense nun estado moi por enriba do aceptable, sendo un logro recoñecido na historia recente por todos.


A miope visión de futuro, de palpar a realidade social que nos envolve, a falta de imaxinación para fraguar proxectos que resposten ás necesidades prioritarias, fai que o goberno Carlos Viéitez desvíe o tiro. O avellentamento da poboación é un elemento que non acaba de terse en conta nos últimos anos. En Meaño, 1 de cada 3 habitantes ten máis de 60 anos. Para ser exacto, dos 5.341 meañeses 1.594 (o 29,84%) están nese tramo de idade. E vendo un futuro próximo, os maiores de 50 anos copan o 43% da poboación. E este goberno meañés, bipartito de facto, que é o que ten o poder real de decisión, aposta por dar ás costas á xente e mirar ao chan. Entregado a un “presentismo político” (como en Madrid), este goberno vive nunha campaña electoral permanente, que lle impide ver máis alá dun mesmo. Cuestión de miradas.



Fraguar un proxecto social non é fror de un día, nin dun ano, nin moitas veces dunha soa lexislatura. En política, cada curso que se deixa pasar, tradúcese en anos de retraso e de consecuencias crecentes no eido social. O de ir a salto de mata (auditorio frustrado, anunciado e comprometido en Dena, e logo cambiado, local de ensaios da BUMM, apoio ao Asmubal feminino da DivisIón de Prata Nacional), reaccionando só cando o aire se torna temporal, non resposta a un proxecto real de goberno, nin de ser. Un mestre de Física e Química, compañeiro e organizador metódico, deixaba nunha xuntanza unha perla para converter en dogma: “la improvisación, a veces funciona, pero no está bien como sistema”. (Carlos López). Certo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario