sábado, 1 de mayo de 2021

 TAL COMO ERAMOS...

Entrada fotográfica este fin de semana con dúas instantáneas para abrir este Ventanuco ás emocións. Amén de informar, opinar, visibilizar Meaño dentro e fóra, nesta ocasión miramos atrás, á xeración que eramos, que somos (ou xa non estamos). Unha instantánea, centrada no entonces Colexio Nacional Coirón-Dena, cun equipo improvisado de baloncesto feminino no patio exterior do coleixo (zona do vello pavillón de Coirón) día 2 de abril 1978 (5º de E.G.B.). E outra que nos leva ata o Grove, catro anos atrás, 1974, cunha foto do mítico Sporting Conricado (antes Zeus, e precedente do actual Raseiro). Póñemoslle rostro e nome a cada unha. (Calquera suxerencia ponte en contacto connosco no correo-e que figura na marxe, ou abaixo desta páxina escribindo onde figura "publicar un comentario")

 

Equipo de baloncesto feminino no colexio de Coirón-Dena, ano 1978


Silueteado para identificar. Traballo da promoción de E.X.B. 1980-81

Poder identificalas foi un traballo da promoción de E.X.B. 1980-81. Sen ela, non sería posible. Gracias!. A xogadoras e alumnas son: 

  1. María Carmen Lobato
  2. María José Gondar Piñeiro
  3. Isabel (Dena)
  4. Mª Carmen Martínez Moraña
  5. Clara (Xil)
  6. Fabiola (Ganón)
  7. Emilia (mestra do colexio)
  8. Mª Carmen (Xil)
  9. Inmaculada Nine (Paradela)
  10. Rosa María
  11. María Teresa
  12. Mª Elena López
  13. Mª Paz Mouriño Prado
  14. Betty (Castrelo)
  15. Soledad Novás Domínguez
  16. Berta (¿?)
  17. Rosa Lobato Torres
  18. Mª Esther González Prieto (D.E.P.)

oooooooooooooooooooooooooo O GROVE ooooooooooooooooooooooooooo



Sporting Conricado,1974, Trofeo Anaya en O Grove.
Arriba: Juan Figueiro (entrenador), Cambados, Suso, Juan Carlos, José Miguel, Luis Álvarez (presidente), Domínguez Queco Fresco; e abaixo, Prol, Cameselle, Rafa, Alonso, José Luis e Villaverde. Resultado; Conricado, 21 - Selección do Grove, 10


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario