Escoitar
a voz dunha persoa que xa non vive resulta entrañable e evocador porque sempre
esperta algunha lembranza durmida entre aqueles que un día a coñeceron. Esta
vez asomámonos POLO VENTANUCO para escoitar unha desas voces, a de Manuel López
Fernández, coñecido como “O reloxeiro de Meaño”.
Manuel López (con boina) xunto a Telmo, un domingo a saída da igrexa de Meaño |
Foron
moitas as xeracións de meañeses que pasaron a cotío por aquel taller de
reloxería que "Manuel de Lopez" tiña na sua sua casa, en cuxo baixo impartía escola da sua dona
Celia nunha aula unitaria non reglada que era, no municipio de Meaño, a última
daquel vello modelo de ensino que recibiron os nosos pais e avós.
Lembro
que cando eu tiña seis ou sete anos el botou a andar o meu primeiro reloxo, un
aparello destartalado que atopei tirado e que recuperou no seu taller con
paciencia inusitada. Uns anos despois o meu pai mercoume alí o segundo reloxo, un
Edox con correa negra e aro plateado.
Manuel López e a sua dona Celia |
Manuel
López nacera en 1918. El era todo un humanista, autodidacta, ávido lector,
improvisado contertulio, curioso e culto, amén ser un firme defensor dos
animais. Lembro que lle escandalizaba a xente que sacrificaba cans cun tiro de
escopeta, polo me mercou unhas tenazas eléctricas que cedía desinteresadamente
a quen llas pedía co obxecto de dar unha morte menos doente aos
animais. Aquel ofrecemento penduraba nun cartel na parede do seu vello taller. Tamén lembro a sua teima con todo aquel rapaz que ía pola reloxería: “tes que estudar
para inxenieiro técnico -nos dicía- esa é a profesión do futuro”. E algunha das
suas reflexións en voz alta, como cando, xa ancián, e tras unha exhibición de
artes marciais dos alumnos do colexio de Meaño na Praza da Feira, meneaba a
cabeza lamentando: “si en vez de ensinarlle aos nenos tantas patadas lle
ensinaran máis ética, máis filosofía...!”. En fin, toda unha personaxe.
Hoxe a través deste Ventanuco ofrecémosche a oportunidade de escoitar a sua voz. Pincha nos iconos de "play" que aparecen debaixo deste texto e poderás escoitar en dous volumes unha entrevista feita con el o 4 xe xuño de 1995 na sua vella reloxería cando xa non exercía a profesión. Un extracto deste audio era publicado días despois en FARO DE VIGO. Daquela Manuel “De Lópes” tiña 76 anos.
UNA PERSONA MUY INTERESANTE.
ResponderEliminar