sábado, 8 de noviembre de 2014

Congusto.es (II)
QUINTA DE SAN AMARO

Sá do restaurante Quinta de San Amaro ao atardecer

Nun pequeno outeiro no medio dunha paixase rural e con magníficas vistas ao val  atópase a Quinta de San Amaro en Meaño. A este local adicamos a segunda entrega da nosa sección “Congusto.es” que reúne aos considerados “top ten” dos locais da hostalería meañesa. Este “hotel con encanto” alberga  un pequeno restaurante aberto ao público e que se convertíu en toda unha referencia dun tempo a esta parte. Nel podes degustar unha selección de pratos persoais elaborados con mimo e que, xunto cunha ecléctica posta en escea da sá e da mesa, contribúen a que poidas disfrutar dunha velada única con vistas ao val a través de suas grandes cristaleiras.

A FICHA
O restaurante xoga de noite coa luz para crear un ambiente cálido e persoal
Onde está: ao carón da ermida de San Amaro, sita no barrio do mesmo nome en Meaño. Chégase tomando a saída 14 da autovía do Salnés e collendo na rotonda do fondo dirección Meaño (esquerda). A 200 metros, ao pe dun gran plátano que está a beira da estrada, aparece a sinalización da Quinta que indica tomar un vial que baixa lixeiramente á dereita. A partir de aí o restaurante, sito 300 metros máis abaixo, aparece sinalado en todo o tramo.
Xerencia: Nacho Crespo e Julio Ouviña
Horario de cociña: en outono-inverno venres, sábados e domingos de 13,30 a 15,30, e de 20,30 a 23 horas. A partires de Semana Santa apertura diaria.
Xefes de cociña: Julio Ouviña e Verónica Gómez
Recomendacións: de primeiro, ovos rotos con xamón, polvo á parrilla con cachelos; de segundo, solomilliño de ibérico con puré de castañas e mazá confitada, brocheta de rape e lagostinos, guiso mariñeiro.
Prezo medio menú/persoa: 30-40 euros (inclúe dous platos)
Outros servizos: Hotel con 14 habitacións todas elas diferentes, módulo familiar con dúas estancias. Piscina. Salón-biblioteca para comidas de empresa ou familiares con capacidade para 20 persoas. Salón de café e tertulia. Terrazas. 3.000 m2 de xardín exterior. Estacionamento propio.


Entrada ao hotel restaurante
A HISTORIA
Julio Ouviña Otero (O Grove) e Nacho Crespo Romo (Madrid) mercaron as eiras das familias Quinteiro e Elisa, que albergaban sendas casas semi derruidas, para convertilas no que hoxe é a Quinta de San Amaro, un hotel restaurante sobre unha finca de 5.500 m2 que abríu a súas portas o 25 de xullo de 2007.




Nacho Crespo (esquerda) e Julio Ouviña (dereita) na Quinta de San Amaro
A ENTREVISTA
Julio Ouviña é natural de O Grove. Xunto con Nacho Crespo é a alma da Quinta de San Amaro, un proxecto ambicioso e consolidado, cuxo restaurante, con capacidade para 50 personas, é hoxe unha referencia de bo comer e de ambiente acolledor, tranquilo e romántico.



"OS PROGRAMAS DE COCIÑA POÑEN DE MODA UN CLIENTE QUE BUSCA PRATOS DIFERENTES"

Con que filosofía nace o restaurante da Quinta?
En principio concebirámolo para dar servizo aos clientes do hotel porque, pola ubicación, podían voltar aquí despois de estar todo o día fóra e quizáis e queríamos ofrecerles un lugar tranquilo no que disfrutar dunha cea agradable. Máis pronto vimos que era mellor abrilo tamén ao público pero ofrecendo, nun entorno de marisquerías e churrasquerías que o que temos na redonda, algo verdadeiramente distinto.

Terraza exterior da sá de estar
Cociña experimental, nova cociña…Como se podería calificar a cociña da Quinta de San Amaro?
Eu non diría nada diso, diría que somos cociña tradicional pero elaborada, isto é, coidando os detalles, a mesa, o viño, o servizo… para que o cliente se sinta a gusto.
Por que Meaño para un proxecto deste tipo?
Recoñezo que Meaño non era a nosa primeira opción, e que pensamos nela cando vimos que a outra non era viable. O certo é que levabamos dez anos vendo este outeiro cada vez que pasábamos pola entonces chamada “vía rápida do Salnés”. Sempre no cautivou este lugar e entendíamos que era ideal para un proxecto deste tipo. E cal foi a nosa sorpresa que un día descubrimos que esta finca, que comprendía a eira e a vella casa da familia Quinteiro, estaba a venta! Daquela non o dubidamos. O tempo demostrou que o emprazamento foi todo un acerto.

Satisfeitos coa acollida que están tendo nestos sete anos de vida?
Sí, ata máis se cabe do que pensábamos nun principio.
Dándose un paseo por aquí, polos interiores, exteriores… Isto debe ter un mantemento custosísimo, non si?
Sí, é costoso porque sabemos que o clima en Galicia é moi especial é fai que medre todo por doquier. Aquí temos 3.000 m2 de xardín e a situación fai que teñas que apostar máis por un xardín tipo inglés, con ese toque de salvaxe que tamén ten o seu encanto, e non tanto polo xardín francés.
Supoño que os que se pasan polo hotel deixan todo tipo de halagos. Lémbrenos un co que que se sentirá identificado.
Mesa disposta ao pe da cristaleira
Lembro que uns clientes nos dixeron que con este tipo de piscina, que é como se asomara ao infinito, e coa vista sobre o val, a vexetación… que todo isto lles semellaba Bali, foi algo que nos reconfortou porque nos estiveramos alí e é certo que isto evocaba aquelo.
Top Chef, Master Chef……Que estén tan de moda os programas de cociña en televisión, axuda a restaurantes como a Quinta de San Amaro?
Sempre axuda porque se pon de moda un tipo de cliente que, quizáis chamado por estos programas, empeza a buscar platos diferentes e empeza a valorar outro tipo de cociña.
Vostedes que teñen unha vivenda anexa a estas dependencias coa que concursaron, e gañaron, nun dos programas daquel reality “La casa de tu vida”. Non se prantexaron agora presentar á chef a un desos programas de cociña que tanto furor causan?
Sí, de feito a productora de Top Chef animounos a participar e nosa cociñeira Verónica Gómez foi presentada ao casting.


Guiso mariñeiro, receita xentileza da Quinta de San Amaro
A RECEITA: guiso mariñeiro
  • Ingredentes: un quilo de peixe, segundo mercado; 300 ml de fumet; media peza de pemento vermello; media peza de pemento verde; media cebola, dous dentes de allo; un tomate; catro patacas; 50 gramos de guisantes; unha cuchrada sopera de viño branco e outra de pementón dóce.
  • Limpamos o peixe, cortamos en tranchas non moi finas, engadimos sal e reservamos na neveira.
  • Cortamos os pementos e a cebola en xuliana grosa, as patatas en rodaxas duns 5 cms., o tomate en catro anacos, os dentes de allo enteiros. Vertemos todo nunha paelleira, engadimos o fumet e deixamos a lume lento.
  • Cando leve 5 minutos ao lume engadimos un chorro de aceite, o tomate e o deixamos no lume 15 minutos.
  • Transcorrido ese tempo engadimos os guisantes e o peixe co pementón, o viño branco, e deixamos no lume lento 10 minutos máis.
  • Retiramos do lume e deixamos repousar.

NOTA: podes coñecer máis deste local pinchando no seguinte enlace: Quinta de San Amaro




No hay comentarios:

Publicar un comentario