sábado, 31 de diciembre de 2022

2022… EN PERSPECTIVA

Despedimos o ano 2022 e damos a benvida ao 2023. Non sei se é máis importante como saímos que como entramos. En fin, un ano máis, ou un ano menos, segundo se vexa. Adoitamos dicir isto como se nada, pero nesta frase hai moita filosofía. Ou non?
Desde aquí queremos compartir contigo un balance do ano que vimos de rematar. Coñécenos por dentro, sen trampa nen cartón, sabendo as entradas de máis se leron, a estadística de visitas ao longo do ano, e uns enlaces para reler as historias que máis te engancharon. Fixémolo sen pretender audicións, senón co obxecto de entreterte, arredor de Meaño, tomando un viño virtual (ou un café, unha tisana… que sei eu) sentados aquí, xuntos, á luz do candil deste Ventanuco. Para o ano 2023 non ousamos -nen debemos- pedir imposibles, só que a saúde nos respete e nos permita seguir atopándonos, compartindo emocións coa xente de ben.

 

Entradas máis lidas en 2022


En lembranza de Mª Carmen
TOP-5: Para reler algunha das cinco entradas máis te engancharon, pincha nos enlaces abaixo







29.500 lectores e o seu reparto ao longo do ano


E apostaron por visibilizarse durante todo un ano a través de nós...

Grazas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario